O MEU LIBRO

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o día 2 de abril, propoñémosche:
  • CAL É O LIBRO DO QUE GARDAS UN FERMOSO RECORDO?
  • DEBUXA A SÚA PORTADA NUN FOLIO, OU INSERTA UNHA IMAXE.
  • DEBAIXO ESCRIBE UN PEQUENO TEXTO EXPLICANDO POR QUE ELEXICHES ESE LIBRO.
  • ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA ANTES DO 15 DE ABRIL.
Con todos os libros faremos unha exposición e posteriormente un album que pasará a formar parte da nosa biblioteca.

Se queres que apareza neste blog,  remíteo a : http://lermeteca.blogspot.com



21 de MARZO
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Queremos cubrir as paredes do patio de recreo 
cos poemas que vos seleccionedes.
Só tes que buscar un poema que che guste, 
escribilo nun folio con moi boa letra e
ilustralo cun bonito debuxo.  
NA BIBLIOTECA HAI MOITOS LIBROS DE POESÍA NOS QUE PODES ATOPAR FERMOSOS POEMAS.
LENDO  EN SON DE PAZ

Nesta ligazón podes ver algúns dos libros que tratan valores relacionados coa PAZ
https://picasaweb.google.com/aomoldes/LIBROSPAZ?authuser=0&feat=directlink


LIBROS  PARA  O  NADAL
No seguinte enlace atoparás a relación de libros recomendados 
para cada ciclo neste Nadal.

https://docs.google.com/document/d/1NCcAI3qi7l-8POCwFTL8uohT59CRSfjfH2L9i2XGbe8/edit

FELICES LECTURAS!
    OS NENOS E NENAS DE INFANTIL COS SEUS CARNÉS DE BIBLIOTECA
 Esta semana (14 a 18 de novembro) entregáronselle aos nenos e nenas de infantil os seus carnés de biblioteca.
Antes da entrega dos carnés, o alumnado de segundo nivel e a súa mestra (encargada da biblioteca) contáronlles o conto:
  O QUE TEN QUE SABER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO COMO PERICO
MOITOS LERMIÑOS


Neste mes de outubro  (mes da biblioteca escolar)
todos os nenos e nenas de infantil e primaria 
están " a crear"moitos Lermiños (tantos como
sexan quen de imaxinar). 
Esta actividade estase levando a cabo grazas a 
colaboración das mestras e mestres de plástica,
que animan, suxiren, corrixen, axudan......
A tod@s: nenos, nenas e mestr@s...

MOITAS GRAZAS!!!

Con todos os Lermiñoss faremos unha exposición
para encher de cor a biblioteca e os corredores do Colexio.
https://docs.google.com/document/d/1ZwFVE425d6upd5PwZDBM4hbZ5mPdAYhCOV8V12u3WFA/edit?hl=es